Mella y Méndez Correduría de Seguros en Lugo
Seguros en Lugo.
Sen complicacións.
Asegúrocho.
Analizamos todo o mercado para atoparte a mellor cobertura ao mellor prezo.
Seguros en Lugo.
Por que elixirnos?
Asesoramento
independente e honesto
Non traballamos para ningunha compañía aseguradora. Traballamos para ti. Por iso comparamos todo o mercado para atopar a opción que de verdade che convén.
Analizamos o mercado por ti
Comparamos decenas de compañías e pólizas para presentarche as mellores opcións, explicadas de forma clara.
Acompañámoste nos sinistros
Non te deixamos só cando máis nos necesitas. Xestionamos os teus sinistros e mediamos coa aseguradora.
Trato próximo e de confianza
Chámanos por teléfono, por WhatsApp ou vés vernos. Sen bots, sen esperas, sen letra pequena.
Os nosos seguros
Protexemos o que máis che importa
Coberturas para particulares, familias e empresas. Buscas seguros en Lugo? Consúltanos: traballamos con todo tipo de seguros.
Fogar e Familia
Protexe a túa vivenda e aos teus con pólizas completas adaptadas á túa situación.
- Seguro de Fogar (propietarios e inquilinos)
- Vida e Accidentes
- Saúde e Dental
- Falecementos
- Mascotas
Mobilidade
Circula tranquilo. Atopamos a mellor cobertura para o teu vehículo ao mellor prezo.
- Seguro de Automóbil (todo risco / terceiros)
- Moto e Ciclomotor
- Patinete e VMP
- Transporte de Mercadorías
Viaxes e Lecer
Para que gocen de cada aventura sen preocupacións, en España e no estranxeiro.
- Seguro de Viaxe (individual e familiar)
- Cobertura médica internacional
- Cancelación de voos e hoteis
- Equipaxe
Empresas e Profesional
Solucións pensadas para autónomos, pemes e comunidades de veciños.
- Responsabilidade Civil Profesional
- Seguro de Empresa e Comercio
- Convenios e colectivos
- Comunidades de propietarios
- Impago de alugueiro
Así de sinxelo
¿Como funciona?
En 4 pasos tes o teu seguro ideal, sen papeleos interminables e con toda a información que precisas.
Cóntanos que precisas
Escríbenos, chámanos ou ven á oficina. Sen compromiso e sen presións.
Analizamos o mercado
Comparamos decenas de compañías e presentámosche as mellores opcións.
Eliximos xuntos
Explicámosche cada opción con claridade. Ti decides, nós asesoramos.
Sempre ao teu lado
Unha vez contratado, estamos aquí para calquera dúbida, cambio ou sinistro.
O que din os nosos clientes
A túa aseguradora en Lugo
Levamos anos coidando a familias e empresas de Lugo e arredores. Isto é o que nos contan.
"María asesorounos de marabilla para o seguro do fogar. Conseguiunos unha cobertura moito mellor ca a anterior e a menor prezo. 100% recomendable."
"Levo con eles máis de 10 anos. Cando tiven un accidente co coche, xestionaron todo sen que eu tivese que preocuparme por nada. Un servizo excepcional."
"Levamos todos os seguros da empresa con Mella e Méndez. O trato é próximo, rápido e sempre atopamos a solución que precisamos."
Contacto
Falamos?
Vén vernos, chámanos ou escríbenos. Atendemos sen cita previa e respondemos o mesmo día.
Rúa da Milagrosa, Nº 35, Entlo.
27003 – Lugo
Lun–Ven: 10:00 – 13:00 e 17:00 – 19:00
(con cita previa)